Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Chega o Nadal Snow




As concellerías de Actividade Económica e Turismo presentan unha novidosa proposta de lecer.

A praza da Ferrería acolle unha novidosa proposta de lecer para este Nadal. As concellerías de Actividade Económica e de Turismo impulsan "Nadal Snow", que nace coa dobre intención de promocionar as ventas no comercio local e de ofrecer diversión aos pontevedreses. Os concelleiros Xosé Antonio García Lores e Julio Castela presentaron hoxe a iniciativa que bota a andar mañá venres, día 17, e que estará en marcha ata o próximo 4 de xaneiro, gracias ao apoio de 30 patrocinadores.

"Nadal Snow" nace para fomentar as compras e o movemento económico na cidade e por iso, para acceder ás instalacións da "vila de inverno" da Ferrería será preciso presentar un tique de compra, con importe mínimo de 6 euros, e emitido despois da inauguración do evento, é dicir, mañá ás 17.30 horas.

Na "vila" poderemos atoparnos con actividades tan sorprendentes como unha auténtica rampla de "snow" de case sete metros de altura e dotada de neve artificial, concibida para deslizarse cun "donut" inchable coa máxima seguridade. O acceso a este elemento está restrinxido a persoas de máis de seis anos e cunha altura mínima de 1,40 metros. Un tiovivo clásico de cabalos será o outro elemento destacado da montaxe e agárdase que sexa un dos elementos máis reclamados polos rapaces.

"Nadal Snow" instala tamén na Ferrería unha carpa xigante iluminada onde levarán a cabo os talleres de manualidades para os máis pequenos, unha zona interactiva, unha gran árbore solidaria do Nadal e un grupo de bicicletas estáticas conectadas a un xerador de electricidade que iluminará o gran capirote. Por cada quilómetro pedaleado doaranse 10 céntimos a organizacións solidarias na cidade.

A animación tamén estará presente con Papá Nöel e o paxe real, unha Festa de Fin de ano o próximo 31 de decembro na que celebraremos as badaladas ás 12 do mediodía con uvas e champán, actuacións de monologuistas, pallasos e monicreques; unha completa oferta que chegará mesmo á praza da Peregrina.

Finalmente, haberá unha pequena carpa reservada para a Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (Aempe), dedicada exclusivamente á promoción comercial.

Xosé Antonio García Lores destacou que é a primeira vez que se fai un evento destas características na cidade de Pontevedra, polo que confía en que non pasará desapercibido para ninguén. O concelleiro lembrou que Pontevedra é un gran centro comercial aberto e este tipo de campañas deben contribuír a poñelo en valor.

O responsable de Turismo, Julio Castela, agradeceu a colaboración de todos os patrocinadores que fixeron posible que saíra adiante unha iniciativa que, na súa opinión, é moi importante non só para Pontevedra, senón tamén para a comarca e mesmo a provincia. Castela subliñou que a colaboración público-privada é sempre un requisito imprescindible para o despegue turístico e comercial das cidades e felicitouse de que este camiño, que se empezou a andar coa empresa municipal de turismo de Pontevedra, sexa cada vez máis habitual.

José Antonio Gómez Rivera, en representación de Novacaixagalicia aplaudiu o concepto que o Concello lle presentou polo acerto de mesturar o aspecto lúdico coa promoción comercial. Lembrou que a entidade financeira está afeita a colaborar co Concello no reforzo da programación cultura, pero tamén lle resulta especialmente apetecible participar nun programa que aposta polo comercio local, o desenvolvemento turístico e o impulso da economía.
Visit Pontevedra