Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Máis de 1.500 persoas pasaron polo CITA desde a sua apertura




A tenente alcalde de Pontevedra, Teresa Casal, salienta o reforzó que o CITA supón na oferta cultural e turística da cidade.

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acadou nos dous meses transcorridos dende a súa apertura oficial ao público un rexistro de 1.563 visitantes. A tenente de alcalde e máxima responsable do proxecto, Teresa Casal García, considera que xa é posible falar dun éxito absoluto na posta en marcha desta infraestrutura museística destinada a reforzar a oferta cultural e turística da cidade.

Casal García subliñou que a aposta por este Centro de Interpretación foi arriscada porque en Pontevedra estamos moi afeitos a tapar a toda présa os vestixios arqueolóxicos e a escoitar as voces dos conformistas que se opoñen a calquera decisión novidosa. Subliñou tamén o rigor administrativo que rexeu non só a execución das obras, senón a posta en marcha do centro, cunha entrada de dous euros aprobada, como prezo público, con tódolos requisitos legais.

A afluencia nos primeiros días de apertura a finais de outubro, coincidindo coa ponte de Tódolos Santos, foi masiva. Chegouse ao 100% do aforo durante case todas as franxas horarias de apertura.

As estatísticas xa dispoñibles demostran que, en xeral, a ocupación dispárase nas fins de semana, en particular a partir das 12 horas. O público componse de xente de todas as idades, pero agárdase que, a medida que vaia pasando o tempo, vaia aumentando o público estudante na medida en que os centros de ensino de toda a provincia inclúan o CITA entre os seus programas.

Teresa Casal recalcou que o éxito cuantitativo é indiscutible ao ter en conta que o aforo máximo para quenda horaria é de 20 persoas. Dende a entrada en vigor do prezo público, a mediados deste mes, percibiuse un lixeiro descenso que xa está volvendo a remontar. As expectativas para o mes de decembro son excelentes, e xa hai reservas de varios grupos de 20 persoas ata o próximo día 10.

Non obstante, quixo tamén destacar o éxito cualitativo, pois o 99,9% dos visitantes manifestan estar moi satisfeitos e sorprendidos coa visita e mesmo expresan a vontade de volver. As pantallas interactivas, a maqueta do pazo-fortaleza e o audiovisual en 3D constitúen, a xuízo do público, un magnífico complemento ao marco monumental do foso.

Finalmente, Teresa Casal anunciou a edición dun tríptico que pretende ser a tarxeta de visita de todos os que pasen polo CITA. Distribuirase tamén en hoteis e puntos de información turística. Está deseñado cun formato sinxelo, ofrecendo unha información reducida e dispoñible en galego, castelán e inglés. A primeira tiraxe foi de 10.000 exemplares.
Visit Pontevedra