Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

"El Cafetín" e "Pintxo Viño", gañadores de Pontevedra Tapas

Os estabelecementos "El Cafetín" e "Pintxo Viño" foron os elixidos como os gañadores do primeiro concurso gastronómico "Pontevedra Tapas".




Organizado pola empresa municipal "Turismo de Pontevedra S.A.", www.visit-pontevedra.com. A identidade dos gañadores dos premios, cada un deles dotado con 600 euros, foi revelada hoxe nun acto celebrado na Casa do Turista, en presencia de todos os locais participantes, e presidido polo concelleiro Julio Castela.

A proposta de "El Cafetín", que levaba por nome "Merluza do Celeiro sobre pilpil de erizo y toque de ahumado" mereceu o primeiro posto para o xurado profesional, mentres que a tapa de "Pintxo Viño", chamada "Obama en la Casa Blanca", resultou a elixida na votación popular. Os responsables de ambos estabelecementos, Rubén González e Alvaro Ibaibarriaga, amosaron a súa satisfacción e recibiron as primeiras felicitacións.

En atención á alta calidade das tapas presentadas ao concurso, o concelleiro de Turismo optou por nomear tamén, aínda que xa sen premio económico, aos segundos e terceiros clasificados en cada unha das modalidades. Así, o xurado deixou en segundo lugar ao estabelecemento "Loaira" e, en terceiro lugar, quedou "Allo e aceite". Na votación popular o segundo posto correspondeu a "Vetula Ponte" e o terceiro a "Café bar Doce".

No acto sorteáronse os premios entre todos os clientes que depositaron os cupóns de voto. A fin de semana para dúas persoas no balneario "Agua Santas" correspondeu a Iván Bautista Abad Sabarís. Os dous vales para unha cea para dúas persoas corresponderon a Antía Fonseca Roque e Mari Carmen Couceiro Garea. Finalmente a cesta de produtos galegos foi para Santiago Cortegoso Calvar e a cesta de embutidos para Evangelina Lorenzo.

Os premios serán entregados o próximo venres, na Casa do Turista, a partir das 18 horas.

Julio Castela destacou o éxito do certame, celebrado entre os días 19 e o 28 deste mes. O concurso superou todas as expectativas porque, aínda que é difícil concretar a cifra final, está acreditado que se venderon máis de 20.000 tapas ao prezo unitario de 1,50 euros, o que, sumando o custo das bebidas, supón un movemento económico que, de seguro, estivo moi por enriba dos 60.000 euros.
Engadiu que se ten constatado que unha parte da clientela que pasou polos bares, restaurantes e cafeterías de Pontevedra procedía doutras cidades galegas, e subliñou que a experiencia acumulada permitirá organizar novos certames nun futuro próximo.

Finalmente, os premios á participación foron sorteados entre os clientes que achegaron a tarxeta cos selos dun mínimo de seis estabelecementos.
Visit Pontevedra