Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Exito de Pontevedra Tapas




Pontevedra Tapas rematou con máis de 20.000 unidades vendidas

O certame “Pontevedra Tapas” ten superado todas as expectativas. O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, estima que se venderon máis de 20.000 tapas, dado que se esgotou a totalidade dos cupóns de votación entre o público participante. O éxito da iniciativa xa se traduciu no comezo dos preparativos para a segunda edición, que se baralla celebrar na próxima primavera.

Julio Castela precisa que trátase dun balanzo "conservador", porque o feito de terse acabado cos cupóns evidencia que houbo máis consumicións e, ademais, non todo o público que probou as tapas emitiu o seu voto. O concelleiro subliña que, dado que o prezo único das tapas era de 1,50 euros, bebidas á parte, o impacto económico da iniciativa superou con creces (estimando un gasto mínimo de 3 euros) os 60.000 euros. Un total de 26 estabelecementos hostaleiros, entre bares, cafeterías e restaurantes, sumáronse a esta primeira edición.

O certame concluirá coa elección das dúas mellores tapas, a criterio dun xurado profesional, por unha banda, e a criterio da votación popular dos clientes que pasaron polos locais e formalizaron os cupóns de votación, pola outra. Para animar á votación popular incluíronse cinco premios que tamén serán sorteados entre todas as persoas que votaron.

O xurado está composto polos restauradores Pepe Solla e Pepe Vieira, xunto con dous docentes do Carlos Oroza: José Manuel Rey, profesor de Servizos de Restauración, e Jorge Sánchez, xefe do Departamento de Hostalería e Turismo.

A votación realízase sobre unhas fichas individuais nas que se outorgará unha puntuación global de 0 a 75 puntos. Para chegar a esa nota, os profesionais irán valorando cinco apartados nos que se ten en conta a presentación, o gusto/harmonía, o tamaño/proporción da ración, as texturas/temperaturas e, finalmente, un apartado libre para valorar a novidade, a actualización dun prato clásico ou detalles o singularidades. As fichas serán custodiadas en sobres pechados. As instalacións do Carlos Roza acollerán unha exposición coas 26 tapas a concurso que, ademais, irán sendo presentadas para a súa degustación a intervalos de cinco minutos. Estímase que o proceso durará en torno a dúas horas.

Hoxe, ás 18 horas, na sala de reunións da Casa do Turista, sede de www.visit-pontevedra.com daranse a coñecer as dúas tapas gañadoras. Abriranse os sobres da votación do xurado profesional e informarase tamén do resultado da votación popular, na que tamén se ten en conta cunha ponderación dun 10%, os votos emitidos a través da Internet. Finalmente, sortearanse os cinco premios para os clientes que emitiron os seus votos.
Visit Pontevedra