Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Culturgal volve a Pontevedra




Os días 26, 27 e 28 de novembro celebrase Culturgal

Tres días de adicados aos diferentes xeitos de facer na produción audiovisual e analizar os retos de futuro. Nesta mostra os diferentes profesionais da industria audiovisual abrirán a quenda de debates sectoriais dentro do Foro Creativo, coa mañá do venres dedicada a analizar o futuro, os retos, os modelos de financiamento e as experiencias de talento do sector.

A feira presenta un espazo comisariado polo xornalista Iago Martínez aquea colle o sábado 27 un ciclo sobre o Novo Cinema Galego, etiqueta acuñada polos críticos Martin Pawley, José Manuel Sande e Xurxo González para designar unha nova xeración de cineastas que traballan nas marxes do audiovisual do país e que abrollou cando a primeira longametraxe de Oliver Laxe, Todos vós sodes capitáns, acadou o premio da crítica no festival de Cannes.

Ademais, presentaranse diferentes proxectos, como o novo filme de Mario Iglesias, Rosario, e a coprodución de Nordesía, Filmanova e Kachet, Mundo Lois, sobre o universo do poeta Lois Pereiro. Para os máis pequenos haberá proxeccións de filmes de animación e un obradoiro de animación en plastilina coa técnica de stop motion.

A análise da situación actual e a busca de novas oportunidades de desenvolvemento serán asuntos centrais no foro profesional organizado por AGAPI. Desenvolverase o venres con horario de 10:00 a 14:15h e estará aberto ao público xeral. Contará coa participación de representantes das produtoras Continental Producciones, Vía Láctea Filmes, Mara Producciones, Pórtico Audiovisuais e Abano Producións. Tamén estarán a Televisión de Galicia, o Consorcio Audiovisual de Galicia, o IGAPE, a Corporación Caixa Galicia, Audiovisual Aval SGR e o FICA de Portugal. Ademais, o actor Rubén Riós, a directora de arte Sandra D. Frantz, a compositora Zeltia Montes e os directores Luís Avilés, Jorge Morais e Juan Pablo Etcheverry explicarán as súas estratexias á hora de desenvolver o seu talento.

Descarga o programa
Mais información en: www.culturgal.com
Visit Pontevedra