Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra Tapas 2010




Do 19 ao 28 de novembro, Pontevedra acolle o primeiro "tapas meeting" de Galicia. A edición acóllese á modalidade de concurso

Dar a coñecer a gastronomía pontevedresa e gozar das pequenas delicias que son as tapas a un prezo moi accesible é o obxectivo da iniciativa “Pontevedra Tapas” que promove a Concellería de Turismo a través da empresa municipal “Turismo de Pontevedra S.A.”, www.visit-pontevedra.com.  “Queremos motivar á xente a saír a tomar unha tapa un día calquera da semana”, afirma o concelleiro Xulio Castela, e converter á cidade nunha auténtica ruta para os amantes do tapeo.

A idea conta co apoio da Cámara de Comercio, Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa (Aempe), Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCUZM) e de “Hostaleiros Asociados de Pontevedra”, unha asociación en vías de consolidación que decidiu tamén sumarse á proposta municipal. Un total de 26 estabelecementos hostaleiros de Pontevedra van participar nesta primeira edición. A presentación da totalidade das tapas realizarase o próximo día 29 deste mes de novembro no instituto Carlos Oroza. Esa mesma xornada desenvolverase a degustación por parte do xurado, que depositará as súas votacións en sobre pechado. O resultado non se coñecerá ata o remate do concurso, que tamén inclúe unha votación popular.

O que xa se sabe é o nome das tapas que van dende un clásico, como a tapa de calamares, ata outras denominacións máis sofisticadas como o Sushi galego, Vetulessen, “El camino sorrentino”, “La tapa del Doctor” o “La rana Gustavo”. Tamén hai nomes ben descritivos como Migas del pastor con picádello de león y ovo frito, Petiscos de polo con salsa gloria, Emparedado de atún ou Merluza do Celeiro sobre pilpil de orizo e toque de afumado.

“Pontevedra Tapas” celebrarase entre o venres 19 de novembro e o domingo 28 de novembro, ambos incluídos. Os establecementos inscritos deberán ter a disposición do público unha cantidade suficiente das tapas coas que participen. O prezo de cada unha (sen incluír a bebida) será de 1,50 euros. A cada participante entregaráselle un cartel no que aparecerá o nome do estabelecemento e o nome da tapa a concurso, un folleto coas bases e un plano da ruta de tapeo. Todo elo deberá estar colocado en lugar visible, así como unha urna precintada para que o público deposite os seus votos. Cada local contará cun selo para validar as papeletas de votación.

O certame contará con dous premios “Á mellor tapa”, un elixido por un xurado e outro pola votación do público que participe na ruta. Os dous dotados con 600 euros. Asemade, para incentivar ás votacións populares sortearanse cinco premios entre aqueles que depositen a súa papeleta: unha fin de semana para dúas persoas no balneario “Agua Santas”, dous vales dunha cea para dous persoas cada un, unha cesta de produtos típicos galegos e unha cesta de embutidos.

A votación popular canalízase a través de unha tarxeta con seis recadros para selar noutros tantos estabelecementos. O cliente que consiga completalos poderá depositala nas urnas que haberá nos propios locais. Tamén será posible o voto pola Internet a través da web no enderezo http://www.visit-pontevedra.com/gal/16/175/pontevedra+tapas.html pero os votos emitidos na rede só terán un “peso” dun 10% na decisión final.




17/11/2010


Get flash to see this player.



Visit Pontevedra