Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pomovil 2010






Todas as marcas do motor presentan as suas novidades en Pontevedra.

Os amantes do motor, e sobre todo os necesitados de cambiar o coche, non poden perder as dúas próximas edicións de Pomovil-2010, porque é, sen dúbida, unha das máis completas no que a novidades de marcas refírese.

Pomóvil-2010 celébrase os días 12, 13 e 14, na súa primeira modalidade, de Coche Novo, e os días 18, 19, 20 e 21, terá lugar a modalidade do Coche Usado e de Ocasión.

No pavillón cuberto do recinto feiral, atopamos a práctica totalidade das marcas que existen no mercado, e como novidade destacada pola Cámara de Comercio, organizadora de Pomóvil, cabe salientar a participación de Suzuki, que conta cun concesionario na nosa cidade desde non hai moitos meses. A mostra inclúe tamén a aquelas que so se ollan de cando en vez nas rúas e as últimas novidades das grandes marcas.

Os amantes do Audi, por exemplo, poden coñecer en primicia, porque aínda non rodan polas estradas españolas, o novo Audi A7, unha berlina que comparte plataforma co A8, pero presenta un deseño moito máis deportivo e agresivo. As futuras versións como o Audi S7 ou ata o Audi RS7 compiten con coches da talla do Porsche Panamera ou o Lamborghini.xoias de Wolkswagen, como son o novo Passat, e o Shara, un coche este último, concibido para gozar en familia.

Xunto a estas estrelas do salón, mostranse outros coches impresionantes como o deportivo Peugeot RCZ, un vehículo ecolóxico que elimina as partículas diésel e reduce a contaminación case a cero.

Como actividades paralelas, volveráse a celebrar neste ano a segunda edición Concurso de Aparcadoiro, que tanto éxito acadou o pasado ano, cun premio de 600 euros para o primeiro clasificado.
Visit Pontevedra