Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O CITA abrirá próximamente




O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) vai ser o primeiro centro museográfico municipal da cidade de Pontevedra.

Construído baixo o cha, aproveitando o foso defensivo do pazo-fortaleza, esta instalación museográfica ten a su orixe na descuberta dos restos das Torres Arcebispais , durante as obras da avenida de Santa María.

O centro ocupa 715 metros cadrados comprendidos entre o muro interior, que era a base da fachada da fortaleza (a escarpa) e o muro exterior, de peor factura (a contraescarpa). A estrutura inclúe tamén os alicerces dunha ponte levadiza para o acceso á fortaleza. O achado arqueolóxico que se mostra resulta solprendente pois o foso defensivo está situado cara o interior da vila, dado que o pazo-fortaleza protexíase do exterior pola muralla defensiva de Pontevedra, da que formaba parte.

O deseño arquitectónico procura a posta en valor do oco aberto polas escavacións, que se integra no circuíto museístico que ten como único elemento de superficie un acceso, a modo de boca de metro acristalada, na rúa do Mestre Mateu.

O centro museográfico, está dividido no seu interior en tres partes ben diferenciadas. A entrada ofrécese unha información contextual da Pontevedra medieval e moderna e sobre o propio edificio do pazo-fortaleza. A recepción aos visitantes está apoiada en pantallas tactis e o enfoque estará moi orientado ao turista e a un público novo, buscando a interactividade. Neste espazo hai na maqueta coa reconstrución do edificio do pazo-fortaleza.

A parte central do CITA está consagrada á observación da escarpa e a contraescarpa e ás características defensivas deste inmoble. Nesta parte móstrase a ponte levadiza e algunas das 24 balas pétreas de catapulta atopadas durante as obras, así como as marcas de canteiro e algunhas pezas cerámicas atopadas nas escavacións.

Finalmente, ao fondo exhíbese un audiovisual en tres dimensións. O propio pazo-fortaleza poderá ser apreciado neste formato e presenta alusións á historia do lugar, que foi asediado polos Irmandiños e polos ingleses, así como á propia historia romana e medieval de Pontevedra.

27/10/2010

Visit Pontevedra