Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

OutubroFest 2010




O centro histórico da cidade converterase nunha pequena Múnich durante catro días

A praza do Teucro acolle, entre 28, e día 31 outubro, a segunda edición da "OutubroFest, " ou "Outubrofesta". Este evento, inspirado na alemá festa da cervexa, congrega a unha gran cantidade de público, e na súa primeira edición despachou 5.000 litros de cervexa, 6.000 salchichas e 800 quilos de codillo.

A iniciativa, que ten por obxectivo financiar ao novo Pontevedra Rugby Club, conta co apoio do concello e do Centro Comercial Urbano Zona Monumento, que xunto con outras entidades pulan por esta iniciativa.

A carpa abrirá as súas portas ás 12.30 horas, e estará en funcionamento ata pasada a medianoite. Na mesma, as persoas interesadas poderán degustar distintos tipos de cervexa e tres pratos variados cunha atractiva antoloxía de produtos cárnicos centroeuropeos.e as persoas interesadas poderán degustar distintos tipos de cervexa e produtos cárnicos centro europeos. Iso si, a prezos moi populares que contemplan os tempos de crises e manteñen os prezos do ano pasado.

As xarras de medio litro serán a tres euros, e as de de litro, a cinco. Haberá de varios tipos, desde a máis dourada á torrada, todas especialidades alemás.

No que atinxe á comida, os prezos oscilan entre os 2 euros da salchicha para nenos cun bolo aos pratos de degustación de salchichas con guarnición (caso do chucrut) con prezos entre 5 e 9 euros, ou o codillo, a receita estrela, a 5 euros.

27/10/2010

Visit Pontevedra