Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra patrocina o deporte pontevedrés




Turismo de Pontevedra asina os contratos publicitarios cos clubs deportivos por un importe total de 250.000 euros.

O concelleiro de Turismo e presidente da sociedade "Turismo de Pontevedra", Julio Castela Martínez, presentou hoxe os contratos de publicidade coas 10 entidades deportivas que este ano vanse beneficiar da axuda da empresa municipal de turismo.

O acto de presentación, celebrado na Casa do Turista, deu paso á sinatura dos contratos. As entidades participantes son, desta volta: Pontevedra Club de Fútbol SAD (60.000 euros), Sociedade Deportiva Teucro (56.000 euros), Club Baloncesto Arxil (25.000 euros), Celso Míguez Pereira (5.000 euros), Club Cisne (20.000 euros), Club Natación Galaico (24.000 euros), Leis 26 Pontevedra Fútbol Sala (25.000 euros), Mareantes Rugby Club (10.000 euros), Sociedad Gimnástica (20.000 euros) e Tenis de Mesa de Monte Porreiro (5.000 euros).

Os contratos, que teñen por obxecto a colocación de lendas e anagramas de "Visit Pontevedra" na equipación deportiva dos clubs e deportistas, teñen unha duración que vai do 1 de outubro de 2010 ao 30 de setembro de 2011. Unha das novidades deste ano é que o cobro xestionarase directamente a través da empresa municipal de turismo e será máis áxil, para o que os beneficiarios deberán presentar as correspondentes facturas e documentación xustificativa con carácter bimensual, periodicidade coa que tamén recibirán os pagos.

Julio Castela destacou o apoio ao deporte do Concello de Pontevedra, a través da empresa municipal de turismo, para o que se realiza un importante esforzo económico que se traduce, a pesar do desfavorable contexto económico, nunha rebaixa da cifra global do ano pasado que queda en só 7.000 euros.

O concelleiro agardou que isto contribúa a espallar o nome de Pontevedra polas distintas cidades polas que van pasando estes equipos e deportistas e animounos tamén a seguir o seu traballo para atraer turistas á cidade en forma de campionatos e todo tipo de eventos. Subliñou Castela a importancia do turismo deportivo, polo que o Concello está a apostar decididamente coa organización de certames de tanta importancia como o Campionato de Europa de Triatlón do ano próximo, e concluíu que cando Concello e clubs traballan xuntos o resultado sempre é positivo.

Nino Mirón, presidente do Pontevedra, recoñeceu o gran esforzo que está a realizar Turismo de Pontevedra e afirmou que, dentro dos delicados momentos polos que está a pasar a súa entidade, a sinatura deste contrato é algo que causa un sorriso e un instante de felicidade.

Héctor Vilariño, do Club Natación Galaico, agradeceu o esforzo municipal e anticipou que será un orgullo levar o emblema de "Visit Pontevedra" e mesmo organizar eventos na cidade que atraian xente e turistas.

Finalmente, o piloto Celso Míguez Pereira, amosouse orgulloso de levar o nome de Pontevedra polos circuítos de todo o mundo e agradeceu unha axuda económica moi trascendente, dados os elevados orzamentos que ten que manexar para poder completar a tempada.

25/10/2010

Visit Pontevedra