Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Dez Anos do Proyecto Terra






Con esta mostra, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pretende axudar a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da identidade territorial.

A ordenación do territorio, o urbanismo e a arquitectura como ferramentas para acadar mellores condicións de vida centran a mostra "Dez anos do Proxecto Terra", organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia como conmemoración da posta en marcha fai dez anos deste programa educativo cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas coa colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, TVE, ONCE, Nova Escola Galega e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os materiais elaborados para a Educación Primaria e Secundaria, xunto coas actividades complementarias desenvolvidas, recóllense en paneis e vídeos integrados na exposición que alberga o Pazo de Congresos ata o domingo 28 de novembro

Co desenvolvemento desta exposición itinerante procúrase dar a coñecer como ao longo do tempo fomos construíndo o noso país, alimentando así a necesidade de reflexionar criticamente sobre o noso patrimonio construído, sobre a tradición herdada e da que debemos aprender, e sobre as prácticas arquitectónicas e de ocupación do territorio que se deben evitar.

Ademais das guías para o alumnado e diversas fotografías e cartografías, entre o material exposto figura a banda deseñada por Miguelanxo Prado, "A mansión dos Pampín", na que se incorporan personaxes e escenarios que axudan a evidenciar ou poñer en cuestión valores e puntos de vista que sobre a arquitectura e o territorio temos interiorizados desde a infancia.

Outras das actividades complementarias que poden contemplarse nesta exposición son unha serie de vídeos, por unha banda, sobre as visitas guiadas do alumnado ás sete cidades galegas co obxecto de achegalos aos espazos históricos e contemporáneos máis significativos. E por outra, sobre os intercambios territoriais organizados para poñer á mocidade en contacto directo coas cinco formas básicas de organización territorial estudadas no proxecto: a aldea, a parroquia, a vila, a cidade e a área metropolitana.

Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra
Organiza: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Horarios: de martes a venres, de 17.00 a 21.00 h | Sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h | Domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 h. | Luns, pechado.

19/10/2010

Visit Pontevedra