Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Feira Franca trasladou Pontevedra á Idade Media




Pontevedra acolleu os días 3 e 4 de setembro unha nova edición da Feira Franca, que é, sen dúbida, unha das mellores e máis atractivas feiras medievais das moitas que se celebran en España. Aínda que a festa se desenvolveu no casco histórico -en lugares como as prazas do Teucro, Ferrería, Leña, Verdura ou Pedreira- toda a cidade estaba empapada do espírito medieval dista XI edición da Feira Franca.

A festa comezou o venres 3, cando, ás 7 do serán, pregoiros da cabalo comunicaron ós habitantes da cidade o inicio da feira. Desde ese intre a actividade foi constante e intensa: espectáculos teatrais, música, danza, cantares de cego, esgrima antiga... e un torneo medieval que se celebrou nunha ateigada praza de touros.

Foron máis de 100.000 persoas, moitas delas con vestimentas que imitaban as do s. XV, as que participaron activamente na festa. A Feira Franca dispuxo de 81 postos de hostalaría, 26 de alimentación e 20 de artesanía, todos eles ofertando produtos acordes co espírito medieval da festa. Cómpre salientar que, este ano, foron 240 os permisos concedidos a particulares para celebraren na rúa xantares e ceas.

Logo desta nova edición da Feira Franca, que foi consolidándose e mellorando ano tras ano, o Concello baralla a posibilidade de solicitar para ela a declaración de Festa de Interese Turístico, un título puramente honorífico pero que lle outorgaría un valor engadido como referencia para os turistas potenciais.

07/09/2010

Visit Pontevedra