Touros Peregrina 2010



A Feira Taurina de Pontevedra da Peregrina do 2010 converte de novo a Pontevedra na capital do Toureo de Galicia.


A xa clásica cita Taurina pontevedresa iníciase o sábado 31 de xullo con Enrique Ponce. Completan a terna dous vellos coñecidos do coso pontevedrés: Julián López "El Juli", que volve á area de San Roque, e o francés Sebastián Castella, clásico no cartel que repite por quinto ano consecutivo. A gandería é a de Alcurrucén, dos irmáns Lozano, responsables da praza pontevedresa.

O segundo cartel da feira é o domingo 1 Agosto 2010 e nel figuran o sevillano Julio Aparicio, reposto xa do seu espectacular percance, o estremeño Alejandro Talavante que debutou en Pontevedra ai dous anos, e a nova figura Daniel Luque, que se estrea en San Roque. Tamén se estrea en Pontevedra a gandería de Lagunajanda que completa o cartel.

Na terceira de feira, que se celebra o sábado 6 de agosto, a terna recolle algúns dos nomes mais coñecidos polo gran público. Francisco Rivera Ordóñez, Manuel Díaz "El Cordobés" e David Fandila "El Fandi", espada que o ano pasado conseguiu o indulto do segundo touro, feito insólito na historia da vella praza pontevedresa. Os touros serán da gandería de Torrealta.

A feira finaliza o domingo 7 de agosto cun clásico da gandería, a de Victorino Martín. Os espadas deste domingo son vellos coñecidos da afección do Lérez: o madrileño Miguel Abellán, o colombiano Luís Bolívar, e o triunfador da pasada feira, Juan José Padilla.

26/07/2010