Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

As sendas fluviais e información de servizos no novo plano turístico da cidade




A Concellaría de Turismo xa ten todo disposto para acoller e dar o mellor servizo a todos os visitantes que se achegen ata Pontevedra neste verán.
A última das novidades é a publicación dun novo plano da cidade na que figuran importantes cambios con respecto aos publicados ata agora. O albergue de peregrinos, as estacións de bus e tren, as sendas de Alba, do Lérez, Gafos, a praia fluvial, o CITA, A Illa das Esculturas con cada unha das obras e o seu autor, farmacias, estacionamentos disuasorios… son algunhas das novidades.

A mellora dos espazos urbanos, de todo o centro histórico e a posta en valor dos espazos naturais non figuraban ata o de agora nos planos que o Concello distribuía entre os turistas que se achegan á cidade. E son un importante valor e atractivo que deben porse en coñecemento para que a cidade sexa coñecida como un atractivo de turismo sosegado e de calidade.

Este plano é o principal cartel de visita da nosa cidade. É a información primeira que reclaman todos os turistas, e é o documento principal que servirá para dar a coñecer a nosa cidade, de aí a súa importancia, e de aí a necesidade de que sexa o máis actualizado posible.

Contén, ademais da información turística propiamente dita, información de utilidade que sempre é necesaria para as persoas que nos visitan: farmacias, distancias e tempos de Pontevedra e as villas e cidades principais de Galicia, saídas da cidade en coche, estacionamentos de balde e de autocares turísticos...
Ademais, o plano inclúe unha visión do casco histórico, con un percorrido que servirá aos turistas para guiarse polos principais monumentos e lugares de interese. Este plano pódese complementar coas audioguías e as visitas guiadas polo centro histórico organizadas pola propia Concellaría.

Mapa Turístico en Galego (formato PDF)

12/07/2010

Visit Pontevedra