Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Visitas Guíadas




A promoción turística de Pontevedra dá un xiro este verán a prol da profesionalidade coas visitas guiadas polo Centro Histórico

A posta en marcha da empresa municipal "Turismo de Pontevedra" implicará cambios no modelo de xestión e profesionalización na promoción da cidade. O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, aposta pola xestión directa de diversas iniciativas e polo progresivo reforzamento do papel central que debe desempeñar a Casa do Turista (antiga Casa da Luz).

O primeiro dos cambios chegará coas visitas guiadas polo Centro Histórico que, a partir de agora, pasan a estar directamente en mans da empresa municipal, que non só asume a súa contratación, senón tamén o cobramento aos participantes, co que contribúe a xerar ingresos.

As visitas guiadas iniciaron a sua andaina o día 1 de xullo e ofreceranse ata o 12 de setembro. Hai dúas sesións diarias en horario de 11.30 e as 18.30 horas e teñen unha duración que ronda as dúas horas. Os prezos serán de cinco euros para os adultos e haberá un prezo reducido, de tres euros, para grupos de máis de 20 persoas, parados e xubilados. Os nenos ata os 12 anos non pagan cota algunha. Os tiques adquírense na Casa da Luz, sede de www.visit-pontevedra.com

Precisamente, outro dos cambios é o punto de saída, que deixa a praza da Ferrería, para substituílo pola Casa do Turista. O calendario das visitas guiadas esténdese tamén ás xornadas de domingos e festivos (ata o de agora non se ofrecían nestas xornadas) en horario exclusivamente de 11.30 horas. Finalmente, habilítase un teléfono de reservas co número 986 090 890.

A modernización chega tamén pola vía da posta en marcha das audioguías de aluguer, deseñadas para as persoas que prefiran facer o recorrido polo Centro Histórico pola súa conta, pero sen perder detalle da significación histórica ou patrimonial dos principais lugares. As audioguías, soportadas cun aparello reprodutor de MP3, están dispoñibles en español, inglés e francés. O prezo do aluguer é de cinco euros.

Outra das novidades deste verán afecta ás dúas casetas de información turística que perden protagonismo en favor da Casa do Turista. A caseta da Alameda desaparece e será reciclada como apoio do posto de socorrismo da praia fluvial de Monte Porreiro, mentres que a da praza de Ourense será trasladada ao entorno das estacións de ferrocarril e autobuses para seguir exercendo a súa función nun lugar máis axeitado, dada a intensa afluencia de visitantes que alí se produce.

Julio Castela anunciou posibles acordos para a posta en valor como recurso turístico da illa de Antonio Medal, en Ponte Sampaio, para o que está en conversas coa Concellaría de Medio Ambiente Natural.
Visit Pontevedra