Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra en Madrid




Máis de 30.000 persoas visitan o stand de Pontevedra na Feira de Galicia (Fergal) en Madrid


Desde a súa apertura o pasado xoves máis de 30.000 persoas visitaron o stand de Pontevedra na Feira de Galicia (Fergal), que ata o vindeiro domingo se está desenvolvendo na praza da Remonta en Madrid. O concelleiro de Turismo, Julio Castela, visitou hoxe o certame.

A caseta de Pontevedra representa un pazo no que o visitante pode descubrir os encantados da nosa cidade e a súa comarca. Pode coñecer a súa oferta hosteleira, os lugares de interese, a oferta gastronómica, cultural ou os lugares máis emblemáticos. Pontevedra é a única cidade galega que se promociona directamente neste certame feiral, dado que o resto dos stands están ocupados, ben por empresas privadas do sector hosteleiro, ben por organismos oficiais como Turgalicia ou o Xacobeo.

A decoración do stand de Pontevedra chamou a atención dos visitantes de Fergal. Unha das principais intencións do Concello de Pontevedra e da empresa municipal Turismo de Pontevedra S.A., www.visit-pontevedra.com segundo recordou hoxe en Madrid Julio Castela é a potenciación da capital das Rías Baixas como unha cidade turística dormitorio como consecuencia de estar nun lugar estratéxico, por ese motivo na caseta pontevedresa pódense ver dous grandes mapas de Galicia no que están establecidos os diferentes atractivos da comunidade e a proximidade de Pontevedra. A idea, insistiu o concelleiro é consolidar a Pontevedra como alternativa na que pernoctar e dende a que visitar a maior parte dos fitos turísticos existentes na nosa comunidade.

Logo da feira en Madrid, a caseta de Pontevedra visitará Barcelona, Bilbao e Sevilla, así como as cidades galegas de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Pontevedra. Na súa visita á capital de España, Castela explicou que o seu departamento está a estudar a posibilidade de desenvolver algunha acción turística en Alcorcón con motivo do encontro que o Pontevedra disputará o 6 de xuño, correspondente á volta da segunda eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División.
Visit Pontevedra