Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Novo servizo de intermediación turística






Turismo de Pontevedra S.A. ofrece un novo servizo de intermediación turística a tódolos hoteis de Pontevedra

O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, ofrecerá a tódolos hoteis do municipio a posibilidade de adherirse ao novo sistema de intermediación que vai poñer en marcha na web municipal www.visit-pontevedra.com. A idea empezou a madurarse hai varios meses e será presentada esta tarde nunha xuntanza que o concelleiro vai manter co vicepresidente da Asociación de Hoteleiros, Borja Vence, na Casa do Turista.

Castela Martínez pretende aproveitar a potencialidade da páxina web, que está a rexistrar un importante número de entradas, como canal de promoción dos 15 hoteis de Pontevedra. Incluiranse datos sobre situación, contacto, servizos, tarifas e capacidade de cada un dos estabelecementos.

O concelleiro está empeñado, en liña cos obxectivos marcados polo Plan Estratéxico de turismo, en converter a cidade en base turística dende a que visitar e coñecer Galicia e aposta moi claramente pola promoción na Internet, dado que un 70% dos turistas planifica e reserva as súas viaxes a través da rede.

O novo servizo de intermediación turística será unha ferramenta especialmente valiosa para buscar aloxamento en Pontevedra de cara á celebración de eventos deportivos, congresuais, dado que permitirá ao internauta botar unha ollada á oferta existente e facilitaralle a máxima información para pechar a súa reserva nas mellores condicións. O servizo estará plenamente operativo con carácter piloto de cara ao Campionato de Europa de Triatlón, que Pontevedra acollerá entre os próximos 10 e 13 de xuño.

Castela Martínez conclúe que trátase dun novo avance na promoción activa da cidade que será posible grazas ás áxiles fórmulas de xestión que abre a creación da empresa municipal “Turismo de Pontevedra S.A.”, polo que animou a todos os responsables hoteleiros, con independencia da súa adscripción ou non á asociación, a sumarse á iniciativa.

12/05/2010

Visit Pontevedra