Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra nos centros de decisión turística




A cidade de Pontevedra promociónase en importantes eventos turísticos de Madrid e no SITC Barcelona

Madrid e Barcelona son os dous próximos obxectivos do concelleiro de Turismo, Julio Castela, de cara á promoción da cidade. A empresa municipal «Turismo de Pontevedra S.A.» estará estes día  nas dúas cidades tratando de captar o interés de visitantes e profesionais do sector.

A promoción iníciase coa presenza de www.visit-pontevedra.com na presentación da oferta turística galega que Turgalicia organiza o mércores, día 14, en Alcalá de Henares e á que asistirán ao redor de 150 Axencias de Viaxe e touroperadores de Madrid e de localidades do Noroeste da capital, como Algete, Coslada, San Sebastián de los Reyes ou Tres Cantos, así como de parte da provincia de Guadalaxara.

A este acto acoden ademais as autoridades locais e numerosos medios de comunicación, polo que adoita ter gran repercusión na prensa local. Ao concluír o taller de traballo ofrecerase aos asistentes un cóctel-degustación e o espectáculo «Backstage do Camiño de Santiago». Ademais de asistir á reunión, Turismo de Pontevedra aproveitará a xornada para visitar persoalmente axencias de viaxes ás que se lle entregará ampla documentación para dar a coñecer aos propios profesionais da zona, os recursos turísticos da nosa cidade.

Doutra banda, Turismo de Pontevedra, www.visit-pontevedra.com estará no SITC (Salón Internacional de Turismo de Cataluña), feira de turismo que se desenvolverá en Barcelona dende o mércores, día 14 ata o domingo día 18. Pontevedra participará cun mostrador dentro da caseta de Turgalicia, xunto a outras cidades galegas, e a través do cal distribuirase información turística da cidade relacionada con lugares de interese, actividades culturais, festas, gastronomía, aloxamentos e rutas próximas.
Esta feira recibiu na pasada edición case 200.000 visitantes e resulta dunha importancia estratéxica porque o público catalán é un dos máis viaxeiros de España. Ademais, o 40% dos 200.000 visitantes decide e contrata o seu destino de vacacións, neste salón. As xornadas do xoves e o venres serán especialmente produtivas para Turismo de Pontevedra, porque agárdase a chegada á feira barcelonesa numerosos profesionais do sector.
Visit Pontevedra