Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Promoción destino Pontevedra




Turismo de Pontevedra pretende consolidar o turismo de proximidade de despóis de Semana Santa.

Julio Castela estima que os datos corroboran que a campaña de promoción de Pontevedra emprendida en Castela-León durante os días previos á Semana Santa tivo uns resultados aceptables e considera que, en xeral, as cifras son positivas e amosan a crecente actividade da empresa municipal Turismo de Pontevedra S.A., www.visit-pontevedra.com.

En canto á ocupación hoteleira, Castela indicou que foi dun 65%, un dato estatístico que é tamén razonablemente bo, indicou, tendo en conta que o tempo foi malo. Se sumamos as prazas proporcionadas polo albergue de peregrinos, os hostais e as pensións, a ocupación total sobe ata un 78%.

Finalmente, Julio Castela anunciou unha nova estratexia na promoción exterior de Pontevedra, que vai poñer énfase nas feiras profesionais que se celebran en cidades importantes de áreas tradicionalmente emisoras de turismo cara Galicia e Pontevedra, como Madrid, Barcelona, Oviedo, Bilbao e Sevilla. Este tipo de eventos, destacou, son máis rendibles en términos de proxección que outros ao estilo de Fitur, onde a presencia queda moi diluída e os contactos reais cos profesionais do sector son escasos.

O destacou a conveniencia de apostar, nesta primeira etapa da nova política turística pontevedresa, polo turismo nacional en mercados fiables e ben coñecidos.

12/05/2010

Visit Pontevedra