Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os turistas se informan na Casa da Luz




Un total de 1.546 persoas pasaron pola nova sede de Turismo de Pontevedra, www.visit-pontevedra.com.

As novas instalacións turísticas da Casa da Luz na praza da Verdura confirmaron durante a pasada Semana Santa a súa rápida aceptación por parte dos visitantes que se achegan ata Pontevedra. Un total de 1.546 persoas pasaron polo inmoble onde se sitúa o Centro de Información e Recepción, para obter información da cidade e da comarca, así como para participar nas visitas guiadas polo Centro Histórico.

O concelleiro de Turismo, Julio Castela, confirmou hoxe a aposta decidida pola Casa do Turista en detrimento das casetas provisionais que ata o de agora funcionaban tan só en temporada na avenida de Montero Ríos e na praza da Ferrería. O edil tamén anticipou que está a traballar nunha sinalización específica para facilitar a rápida localización do inmoble, que debe servir como punto de encontro e de partida para visitar Pontevedra. Por outra banda, Castela confirmou que a Casa do Turista permanecerá aberta durante todo o mes de abril.

Dos 1.546 visitantes atendidos durante esta Semana Santa un total de 1.482 foron nacionais e 64 estranxeiros. Entre o turismo nacional predominaron os procedentes de Madrid (18%), Castela-León (11,4%), Andalucía (10,7%), Cataluña (9,4%) e Galicia (6,4%). A media diaria foi de 257 persoas. A franxa de idade tipo é a situada entre os 40 e os 55 anos e o turismo que se achegou a Pontevedra foi eminentemente familiar.

14/04/2010

Visit Pontevedra