Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Visitas guiadas en Semana Santa




Turismo de Pontevedra organiza nesta semana santa visitas guiadas polo Casco Vello da cidade.

A empresa municipal de Turismo de Pontevedra, www.vist-pontevedra.com organiza durante esta semana santa visitas guiadas polo Centro Histórico da cidade. As primeiras comezarán xa mañá Xoves día 1 e desenvolveranse ata o domingo día 4.

A saída terá lugar desde a nova sede situada na Praza da Verdura ás 11 h e 18 h , cunha duración aproximada de 1h 45m.

O prezo deste servizo turístico será de 5 euros , pero cun prezo reducido de 3 euros para xubilados e estudantes e será gratis para menores de 12 anos.

Durante o itinerario percorreranse as prazas máis emblemáticas de Pontevedra empezando pola da Verdura a continuación o contorno da Ferrerería co Santuario da Peregrina e o Papagaio Ravachol. Os seguintes puntos serán a Praza da Leña, destacando a importancia do Museo Provincial e animando á súa posterior visita aos que participen nestes itinerarios, a Igrexa de San Bartolomé, a Praza de Méndez Núñez, e a de Teucro que se converte no mellor exemplo da riqueza heráldica de Pontevedra. A última parte do percorrido levaranos cara ao espazo da Real Basílica e a Praza de España. Ao coincidir estas visitas coa Semana Santa aproveitarase a ocasión para informar e explicar aos visitantes sobre a súa tradición na nosa cidade e os distintos actos e procesións que terán lugar.

Ademais de datos históricos e artísticos nestas visitas guiadas inténtase dar unha visión xeral de Pontevedra, incluíndo información sobre festas, gastronomía, natureza e lendas.

Outra opción para descubrir o noso Centro histórico será a través das audioguías que se pon a disposición dos interesados desde o xoves día 1 de abril cun prezo de 5 euros e en varios idiomas: Castelán, inglés e francés.

Horarios e prezos

25/11/2010

Visit Pontevedra