Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Visit-Pontevedra promociónase en Castela-León para Semana Santa




A comunidade de Castela-León é o obxectivo dunha campaña de promoción de Pontevedra

Pontevedra, 25 de marzo de 2010

A comunidade de Castela-León é o obxectivo dunha campaña de promoción de Pontevedra que a empresa municipal de turismo vai realizar nestes días coa vista posta no período vacacional da Semana Santa. A iniciativa foi presentada esta tarde polo concelleiro de Turismo, Julio Castela, á directiva da Asociación de Hoteleiros de Pontevedra nunha xuntanza celebrada na Casa da Luz.

Castela Martínez explicou que o Plan Estratéxico de Turismo de Pontevedra estabelece tres fases de consolidación da promoción exterior de Pontevedra, a primeira das cales aposta polo turismo español e céntrase nas comunidades autónomas que, tradicionalmente, veñen achegando un maior número de visitantes á nosa cidade. Entre elas, Castela-León ten un protagonismo moi importante.

A campaña aposta polos medios de comunicación máis implantados na zona como o xornal "El Norte de Castilla", a revista especializada en turismo "GPS" e o circuíto rexional da Cadena Ser.

As insercións publicitarias realizaranse nos medios escritos entre mañá venres, día 26 e o domingo, día 28, tanto na edición xeral como nun especial de Semana Santa, no que Pontevedra terá un tratamento moi destacado. Ao mesmo tempo haberá cinco cuñas de radio na mañá do sábado que serán emitidas polas 23 emisoras que a Ser ten nesta comunidade autónoma nas pausas publicitarias do programa "A vivir que son dos días".

Ao mesmo tempo, a campaña ten en conta o feito de que o Pontevedra C.F. xogará esta fin de semana en Palencia e a próxima recibirá en Pasarón a un equipo da provincia de León. A empresa municipal, seguindo instruccións do concelleiro Castela, chegou a un acordo coa federación de peñas granates e vai poñer á súa disposición dous autobuses para o desprazamento a Palencia. Os afeccionados do Pontevedra, en contraprestación, comprometéronse a repartir uns 4.000 folletos turísticos de Pontevedra pola capital palentina. Ademais, os autobuses irán serigrafiados coa imaxe corporativa de Turismo de Pontevedra, www.visit-pontevedra.com.

25/11/2010

Visit Pontevedra