Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Un espectacular vídeo de Pontevedra




Julio Castela presenta o vídeo que promocionará o turismo en Pontevedra

Pontevedra, 17 de marzo de 2010

Un día antes da inauguración oficial da Casa da Luz, sede da empresa municipal de turismo e matriz do novo Centro de Información e Recepción ao Visitante, o concelleiro Julio Castela Martínez presentou o vídeo que promocionará a cidade seguindo xa as pautas marcadas polo Plan Estratéxico de Turismo.

O traballo, cunha duración de 5 minutos e 40 segundos está rodado en alta definición polo creador Guillermo González, da empresa «Gestión y Tratamiento de Imagen», e recolle, debidamente condensado, un ano de traballo nas rúas e espazos naturais de Pontevedra e os seus arredores.

Julio Castela subliñou que a mensaxe «Pontevedra Capital das Rías Baixas» aparece xa como frontispicio deste traballo audiovisual que poderá verse no portal web institucional www.visit-pontevedra.com e noutras páxinas especializadas en turismo, así como nas pantallas do Centro de Información e Recepción ao Visitante. O concelleiro de Turismo destacou que o vídeo incide tanto nos atractivos da propia cidade e a súa comarca como na idoneidade de Pontevedra como base para visitar Galicia.

O vídeo ábrese coa imaxe do kayakista David Cal pasando por debaixo dos arcos da ponte do Burgo e vai encadeando imaxes nas que o deporte, a natureza, os monumentos, o patrimonio histórico e a paisaxe das Rías Baixas desgranan a oferta turística da cidade. As imaxes están completamente actualizadas como demostra o feito da aparición da remozada avenida de Santa María ou o monumento da moza e as galiñas, que preside a Praza de Abastos.

A música, parcialmente composta para esta peza, introduce tamén distintos textos que presentan a Pontevedra como unha cidade como punto de partida... con mil pontes, mil lugares, mil soños e mil ilusións. O logotipo da imaxe de marca «Turismo de Pontevedra» ten presenza destacada ao principio e ao final figura como «mosca» durante toda a metraxe.

Guillermo González subliñou que o vídeo está rodado en HDV, exportable a Blu Ray, e subliñou que, despois de moitos anos de experiencia por toda Galicia, está convencido de que as posibilidades promocionais de Pontevedra son enormes, polo que se declarou enamorado da cidade.

25/11/2010

Visit Pontevedra