Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Inaugurada a Casa da Luz




O centro de recepción de turistas e visitantes xa é unha realidade.

A Casa da Luz foi inaugurada oficialmente polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro e a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo.

A promotora do proxecto de reforma da Casa da Luz é a Mancomunidade Terras de Pontevedra, beneficiaria dun Plan de Dinamización de Produto Turístico financiado pola Secretaria de Estado de Turismo (Turespaña), Secretaria Xeral de Turismo e polos oito concellos que compoñen a Mancomunidade.

O responsables municipales recoñecen que este foi o proxecto estrela e máis importante en canto a volume de investimento económico realizado. O obxectivo de dito centro é apostar por un turismo desestacionalizado cunha oferta ampla e variada de sol, praia, centros históricos, monumentos, natureza, etnografía e arte rupestre; esta última opción é un produto único en Galicia, onde se atopan máis do 60% dos achádegos ao aire libre de toda a península ibérica, e promocionar a cidade de Pontevedra como destino turístico. Neste sentido o alcalde manifestou que "Hoxe inauguramos o continente", e no tocantes aos contidos engadiu "pero esta Casa da Luz será tamén un centro de formación do sector turístico, un centro de información e de planificación" que axudará a potenciar o turismo. Pero a labor non só é agora das administración, senón que debe ser tamén do sector empresarial, para xerar actividade arredor dos produtos turísticos que se ofertan.

O novo centro alberga nas súas dependencias a sede da nova sociedade "Turismo de Pontevedra", www.visit-pontevedra.com, e o equipo do programa comunitario "Terras de Pontevedra" que depende da mancomunidade.

Compre salientar asimesmo que a Casa da Luz empezará a cumprir o seu novo cometido desde a súa inauguración. A sociedade Turismo de Pontevedra programou un calendario conmemorativo que ha cuberta as xornadas do venres, sábado e domingo da Ponte de San Xosé que inclúe unha serie de visitas guiadas polo Centro Histórico da cidade.

Julio Castela, concelleiro de Turismo e conselleiro delegado da sociedade municipal entende que a Casa da Luz ten que empezar a xogar dende o principio un papel crucial para o turismo das Rías Baixas como sede da empresa municipal Turismo de Pontevedra e como lugar onde obter tanto unha primeira información como unha atención especializada e mesmo profesional.

Por este motivo, antes mesmo de que a empresa conte con persoal estable e específico para o Centro de Información e Recepción haberá dúas persoas que traballarán durante estas tres xornadas, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Paralelamente, a Concellaría organiza visitas guiadas de balde e abertas a todas as persoas interesadas ás 11 e ás 18 horas. O punto de saída é a propia Casa da Luz.
Visit Pontevedra