Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra patrocina a XIX Festa do Caldo de Mourente




www.visit-pontevedra.com convértese no único patrocinador ao rexeitar outras administracións o apoio a esta celebración gastrónomica.A XIX Festa do Caldo de Mourente contará como único patrocinador a Sociedade de Turismo de Pontevedra, despois de que outras administracións rexeitaran apoiar esta celebración gastronómica que se conta entre as máis senlleiras da provincia. Así llo confirmou o presidente do comité organizador, Santiago Laya, ao concelleiro, Julio Castela, na xuntanza que ámbolos dous mantiveron hoxe no Concello.

Julio Castela expresou a súa sorpresa pola falta de apoio da Deputación Provincial ou a Xunta de Galicia que, en cambio, non teñen reparo en poñer cartos para outras festas gastronómicas, e animou á comisión organizadora a seguir traballando para que Pontevedra non perda esta convocatoria que atrae tódolos anos a milleiros de participantes. A festa que se celebra no lugar dos Areás (Mourente) conta nesta edición cun orzamento que ronda os 24.000 euros. O apoio de Turismo de Pontevedra, www.visit-pontevedra.com chegará este ano a 9.000 euros.

O programa oficial arranca o sábado, día 13, coa imposición de capas e medallas aos novos cabaleiros e damas da Orde do Caldo. O domingo chega o día forte co pregón a cargo de Benigno Campos, do programa «Os larpeiros» e a degustación deste típico produto galego a partir das 13.30 horas.
A organizacion agarda repartir unas 6.000 racións. A pesares dos prezos dos ingredientes, os prezos serán populares e van dos dous euros da taza de caldo aos catro euros da cazola.

25/11/2010

Visit Pontevedra