Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra, cidade con encanto




A cidade incorpórase á rede de guías de cidades con encanto que promove a editorial O Pais-Aguilar

Pontevedra é a decimonovena e penúltima cidade en unirse ao selecto e acoutado grupo que conforma a guía para viaxeiros «Ciudades con encanto» editada por El País Aguilar. A listaxe, integrada xa por Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Elche, Girona, Lugo, Málaga, Oviedo, Salamanca, Santiago, Segovia, Soria, Tarragona, Toledo, Úbeda e Baeza, Valladolid e Zaragoza, acabará de pecharse proximamente coa incorporación de Ibiza.
O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, presentou hoxe esta iniciativa destinada a «poñer a Pontevedra no escaparate do turismo» e seguir dando pasos para a consolidación dentro deste competitivo mercado. A iniciativa englóbase dentro da política emprendida polo seu departamento dende a aprobación do Plan Estratéxico e a creación da empresa municipal «Turismo de Pontevedra S.A- www.visitpontevedra.es .». Castela destacou o prestixio desta colección impulsada por unha editorial que é líder no mercado das guías turísticas de calidade.
Ao acto de presentación asistiron César Hernández, director da colección, e Carlos Aganzo, autor da guía, quenes subliñaron a súa satisfacción por ter incorporado á Capital das Rías Baixas a esta coidada escolma de cidades amables.
César Hernández afirmou que a Boa Vila é un lugar marabilloso para pasear, pasar unha fin de semana e gozar dos amigos. Agradeceu o interese do Concello, que ademais de financiar a edición adquire un número de exemplares, e destacou que Pontevedra é unha cidade preciosa aínda non é ben coñecida en España . Carlos Aganzo demostrou un profundo coñecemento da cidade e destacou que o centro histórico é un dos máis fermosos non só de Galicia, senón de España. Puxo especial fincapé na harmonía das prazas que dan respiro á trama urbana e funcionan como o salón dunha casa, invitando á tertulia.


O autor amosouse marabillado pola colección de historias, lendas e mitos populares que adornan á historia local. Aganzo enfatizou que Pontevedra é unha cidade para visitar coa familia, especialmente cos nenos, unha visita obrigada para os amantes da heráldica, da gastronomía, da cultura ou das praias. Concluíu que constitúe a base ideal dende a que coñecer Galicia e especialmente as rías, polo que considerou moi acertado ese título extraoficial de Capital das Rías Baixas que está a funcionar como lema turístico da cidade.
O autor estruturou o seu traballo ao redor de tres eixes: a Pontevedra monumental (con especial atención ao centro histórico), a Pontevedra do ensanche e do século XIX (con alusións centrais ás tertulias dos intelectuais que deron pé á fundación do galeguismo ou a vertente máis literaria que ofrecen Valle Inclán e Torrente Ballester) e a Pontevedra verde (a que pemite gozar da Natureza en todo o seu esplendor a só cinco minutos do centro urbano).
A guía ofrece unha ollada que pode sorprender aos pontevedreses, pero que, sobre todo, está pensada para animar aos foráneos a visitarnos.O capítulo "Escapadas" propón excursións por localidades e paraxes naturais próximos.
Na parte final incluense os apartados adicados ao lecer: a gastronomía local, festas, festivais e celebraciónms, que mercar e artesanía.
A guía pechase cunha selección de aloxamnento, restaurantes e locaia de tapas e copas, recomendados e comentados polos autores.

25/11/2010

Visit Pontevedra