Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Visit Pontevedra




O concelleiro de Pontevedra, Julio Castela, presentou a nova imaxe corporativa da empresa de Turismo.

Turismo de Pontevedra segue dando pasos para a súa inmediata posta en marcha. Xa foi seleccionado o xerente da sociedade e prevese que en marzo será inaugurada a sede da Casa da Luz.
O logotipo de Turismo de Pontevedra é o resultado da mestura de dous conceptos identificativos da cidade, unha flor da camelia e a silueta do río Lérez, segundo indicou o concelleiro de Turismo, Xullo Castela. O texto que acompaña é Visit Pontevedra seguindo os códigos internacionais en materia de turismo. A estes dous elementos únese o predominio da cor granate, tamén moi asociado con Pontevedra polo seu club de fútbol.
O deseño é de tres mozos pontevedreses da empresa Imaco e a partir de agora esta imaxe corporativa aparecerá en toda a papelería, comunicación, rotulación e en todas as iniciativas promocionais.
Julio Castela conta con que no mes de marzo estea definitivamente rematada a Casa da Luz como sede administrativa e operativa da empresa municipal de Turismo que compartirá coa Mancomunidade de Terras de Pontevedra. Disporá dun Centro de Atención e Recepción de Visitantes que se situará no baixo asoportalado do inmoble, onde os turistas serán atendidos por persoal especializado e poderán obter toda a información que precisen en formato dixital, audiovisual ou impresa. No soto habilitarase unha sala de usos múltiples para impartir seminarios e proxectar vídeos. A primeira planta estará destinada a oficinas administrativas e no baixo cuberta habilitarase un servizo de documentación. A reforma da Casa dá Luz para convertela en sede turística foi financiada por Terras de Pontevedra e supuxo un investimento dun millón de euros.

03/02/2010

Visit Pontevedra