Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra preparase para o Entroido




O Concello presentou o cartel que invadirá a cidade para anunciar a chegada da diversión e da festa.

O loro Ravachol encherá as rúas da cidade de Pontevedra para anunciar a entrada do Entroido á cidade. Os carteis que anunciarán a chegada da diversión terán este ano ao animal como protagonista, como un ollo que todo o ve e que pasará lista para que ninguén se perda o Entroido pontevedrés.
A concelleira de Dinamización Sociocultural, Anxos Riveiro, explicou que este ano o Ravachol será a figura central do Entroido, máis que outros anos porque no 2010 será tamén o protagonista dos carteis. O autor do cartel deste ano foi Kiko da Silva e quen manifestou que intentou plasmar un tema de actualidade deste ano e como a actualidade volta a ser a crise, tratou de centrala no loro Ravachol.
O cartel fai unha función de careta do loro Ravachol e o programa, que se presentará nas vindeiras semanas, tamén depara sorpresas en canto a deseño e funcionalidade. Así, o programa funcionará como un xogo no que nenos e maiores poderán disfrazar ao loro de diversas personaxes.
O Entroido chegará a Pontevedra o venres día 12 de febreiro coa lectura do pregón. O sábado celebrarase o tradicional desfile que pasará por Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Cobián Areal, Uxío Novoneira e Eduardo Pondal. A festa continuará coas Murgas no Pazo da Cultura, coa Parodia que o martes inundará as rúas de Pontevedra e rematará co velorio de Ravachol o venres día 19 de febreiro.
Visit Pontevedra