Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Recordos de Xoguete




O Museo de Pontevedra acollerá este Nadal unha mostra de xoguetes dos tres últimos séculos.

A exposición ofrece unha ampla e variopinta selección de xoguetes procedentes da colección da Fundación Raquel Chaves e ofrece unha amplia mostra da espléndida colección de pezas desta fundación composta por mais de doce mil obxectos.
O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá a partir do 14 de decembro, testemuñas de xoguetes do máis dispar: bonecas, animais, transportes, teatro e autómatas, circo e maxia , guerra, música, albumes e cromos, materiais ópticos, etc. , reunidas pola fundación. Estes obxectos infantís proceden tanto das máis emblemáticas casas españolas do sector (Payá, Rico, La Mecánica Ibense, R.S. La Isla, Seix e Barral, Borrás, Jyesa, Nic, Claudio Reig, San Juan e Cía., Viuda e Hijos de Marsal, Sauquillo, Jup, Eureka, Exin, etc.), como de outros países (Estados Unidos, Francia, Alemaña, Inglaterra, Portugal ou Xapón).
Como actividade complementaria de esta exposición están programados seis talleres didácticos destinados a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. Os obradoiros terán lugar das cinco ás sete da tarde, os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro. Os cativos que desexen asistir, se deberán inscribir previamente chamando ó Gabinete Didáctico do Museo (986851455).
A Fundación Raquel Chaves, constituída fai 15 anos, foi declarada de Interese Galego. A súa actividade se centra, fundamentalmente, na investigación e recuperación de xogos e xoguetes antigos e de colección para o seu estudo e divulgación dende unha perspectiva cultural e pedagóxica.
A exposición permanecerá aberta ata o 10 de xaneiro. Poderase visitar de martes a venres, de 18 a 21 horas; os sábados de 11 a 14 e de 18 a 21 horas, e os domingos de 11 a 14 horas (permanecerá pechada os luns e os días de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano, Aninovo e Reis). Ademais, os días 22, 23, 29 e 30 de decembro, así como o 5 , 7 e 8 de xaneiro abrirá tamén de 11 a 14 horas.
Visit Pontevedra