Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Casa da Luz ultima a súa transformación




Un investimento próximo ao millón de euros deu lugar á espectacular sede turística para a cidade de Pontevedra.

O concelleiro de turismo, Julio Castela, e o presidente da Mancomunidade de Turismo Terras de Pontevedra, Miguel A. Fernández, visitaron as dependencias da Casa da Luz que a finais de ano ou principios do próximo convertirase no Centro de Recepción de Turistas da cidade e da comarca de Pontevedra.
As obras están practicamente acabadas a falta da instalación dos paneis informativos e dos mostradores de atención ao público do que será o propio Centro de Recepción de Visitantes. Esta é a zona máis espectacular do edificio, situado fronte á Praza da Verdura. Os arcos que dan á praza da Verdura e ás rúas de San Sebastián e San Román foron pechados con cristal alcanzando así un espazo extraordinariamente luminoso.
O edificio será o punto de acollida dos visitantes e turistas centralizando a información turística dos concellos pertencentes á Mancomunidade Terras de Pontevedra e tamén será sede da empresa de turismo “Turismo de Pontevedra”.
A idea de Terras de Pontevedra e de Turismo de Pontevedra -as dúas entidades que compartirán a sede- é habilitar na planta baixa mostradores, pantallas e outros elementos para mostrar aos visitantes as excelencias turísticas de Pontevedra e dos outros sete municipios que forman parte da mancomunidade.
Visit Pontevedra