Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pomovil 09




Os días 13, 14 e 15 de novembro o Recinto Feiral de Pontevedra acolle unha nova edición de POMOVIL, o Salón do Automóbil de Pontevedra.

Os días 13, 14 e 15 de novembro o Recinto Feiral de Pontevedra acolle unha nova edición de POMOVIL, o Salón do Automóbil de Pontevedra. Organizado pola Cámara de Comercio, en colaboración co Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia, esta edición acolle as últimas novidades das distintas marcas que presentan as empresas concesionarias de automóbiles asentadas en Pontevedra e a súa comarca, así como múltiples actividades dirixidas ao gran público.

Nesta feira, BMW e RENAULT presentan os seus últimos modelos, e os concesionarios que acoden á feira seleccionaron unha ampla gama de coches híbridos, o que significa unha aposta da feira e sector polo medio ambiente, e o respecto ecolóxico. O certame acompáñase de diversas actividades complementarias que, ademais de servir de reclamo a todos os públicos, tentan axudar a dinamizar o evento. Entre elas salienta o Primeiro Campionato Galego de Estacionamento, que nunca se organizou en Galicia, e que repartirá premios dotados con máis de 1.000 euros, e os seus correspondentes trofeos.

Para desenvolver esta proba, cóntase con varios coches na chaira do recinto e un xurado, que puntuará a habilidade e destreza dos competidores que queiran participar. Cada participante terá que pagar un euro, unha tarifa simbólica que pretende diminuir a avalancha que pode producir a competición. O campionato prolongarase durante o Salón do Coche Usado e de Ocasión, que terá lugar os días 20, 21 e 22 de novembro. Durante a clausura de Pomovil, o domingo, 22 de novembro, procederase á entrega dos premios.
Visit Pontevedra