No edificio García Flórez poderemos ver as diferentes estancias que o Museo dedica á náutica e que nos recordan que Pontevedra é unha cidade aberta ao mar e que no mar está gravada a súa historia.
Xunto ao Lérez crece unha nova Pontevedra para pasear que se inicia na Moureira dos Mareantes e condúcenos por un percorrido peonil que nos regala preciosas imaxes.
Abandonamos por unhas horas Pontevedra para coñecer un dos monumentos máis emblemáticos da costa pontevedresa situado ademais nun precioso alto que domina a ría.
Paseando polas beiras do Lérez chégase a este espazo natural protexido no que a arte reflexiona sobre a relación do home coa súa contorna. A Illa das Esculturas acolle doce obras cun elemento común: o granito.
Feiras Feira do Mel, no Porto Deportivo de Sanxenxo....
Feiras XI Feira Franca en Pontevedra. Edición adicada aos camiñantes. Ás 19:00 horas, nas prazas do centro histórico, pregoeiros a cabalo anuncian a feira....
Feiras Ás 19:30 horas, obradoiros de bailes medievais, no Teucro....
Feiras Ás 21:30 h. pasarrúas "Troula", do Concello á Ferraría...
Feiras Ás 22:30 horas, pasarrúas "Troula", desde a Praza da Ferraría ata o Teucro....