Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Porto das Corvaceiras

O antigo porto das Corbaceiras, do que quedan unha parte das súas instalacións, está emprazado na desembocadura do Lérez no fondo da Ria de Pontevedra, na zona baixa da capital da provincia. Hoxe en día a importancia desta instalación portuaria radica fundamentalmente na súa historia.
O máximo esplendor de Pontevedra coincidiu coa súa maior relación co mar nos séculos XIV, XV e XVI, época na que a cidade converteuse nun dos principais portos pesqueiros e do comercio internacional de Galicia e a importancia deste porto provocou un gran aumento no número de habitantes e a creación do poderoso Gremio de Mareantes, señores do mar. Os avatares históricos e sobre todo os aluvións que cegaron o seu porto convertendo en fluvial o que antes era plenamente marítimo fixeron decaer a súa importancia comercial e de transporte.
Dise que neste porto con estaleiros de ribeira, construíronse naves tan famosas como as que mandou o almirante e trobador Paio Gomes Chariño, cando navegou ata Sevilla para tomar esta cidade aos árabes. Ou a Santa María de Colón, chamada La Gallega polo poderosos Gremio de Mareantes. Tamén na Moureira nacería en 1805 o soado pirata Benito Soto o último de relevancia en Occidente e o máis importante dos españois que foi axustizado en Xibraltar en 1830 tras unha fugaz pero sanguinaria carreira.
Outra figura ilustre da tradición mariñeira destas terras é Pedro Sarmiento de Gamboa, (1532-1592), navegante, cosmógrafo, matemático, soldado, historiador e estudioso das linguas clásicas; participou na expedición de Alvaro de Mendaña que descubriu as Illas Salomón.
Explorou o estreito de Magallanes e cartografouno con gran fidelidade, localizando a súa entrada occidental e trazando unha ruta oceánica digna de figurar nos anais das exploracións

- Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Descargar cartón virtual (vCARD)

Visit Pontevedra