Centro de Interpretación Torres Arcebispais

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais ofrece unha nova ollada do pasado de Pontevedra
O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais permite achegar o público ao coñecemento sobre o que foi un dos monumentos emblemáticos da historia de Pontevedra, canda a ponte medieval e a igrexa de Santa María a Maior.
O primitivo castelo ergueuse a comezos do século XII e pouco despois Fernando II dóalle a vila co seu castelo ao arcebispado de Santiago. A fortaleza apenas se verá afectada polas guerras irmandiñas pero en cambio sufriu graves danos durante o enfrontamento entre Alonso II de Fonseca, arcebispo de Santiago, e Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga, durante a guerra civil (1474-1477) entre os partidarios de Sabela a Católica e os de Xoana a Beltranexa, irmá e filla de Henrique IV de Castela. A comezos do século XVIII os ingleses incendian o pazo que queda practicamente destruído agás a súa impoñente torre da homenaxe que aínda se utilizará como prisión. A finais do século XIX decídese a súa total demolición.
A partir da información dispoñible e co concurso de destacados especialistas na historia de Galicia e en arquitectura militar, levouse a cabo unha inxente tarefa para reconstruír non só a fortaleza, senón tamén o contexto urbano en que se insería. O resultado é un proxecto audiovisual que transcende o meramente informativo para construír un relato emocional desde o rigor científico. O visitante dispón de distintos recursos para acceder a todo este coñecemento: pantallas táctiles, xogo interactivo, maqueta, distintas cerámicas e como peza principal un audiovisual en 3D que lle fará máis sinxela ao visitante esta viaxe pola historia.
HORARIO DE APERTURA
De luns a xoves de 10 a 14 horas, venres e sábado de 10 a 14 e de 18 a 21 horas, domingos e festivos de 11 a 14 horas.
Visita previa reserva. Teléfono de reservas: 986 090677.
PREZOS
2 euros para o público en xeral.
1 euro para maiores de 65 anos, estudantes, menores de entre 8 e 16 anos, grupos familiares a partir de catro membros e desempregados.
De balde para os nenos menores de 8 anos.
maís información +