Aumentar el tamaño del texto Volver al tamaño original del texto Reducir el tamaño del texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

« »
 

Carlota Román ofrece á Xunta centralizar as oficinas de información ao visitante na Casa do Turista




A concelleira de Turismo pontevedresa, Carlota Román, ofreceu hoxe á secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, a posibilidade de que o Concello e a Xunta de Galicia xunten forzas na promoción turística da cidade e, ao mesmo tempo, racionalicen gasto.

A primeira proposta pasa por acoller dentro do andar baixo da Casa do Turista de Pontevedra as oficinas de Turismo da Xunta de Galicia, unha idea que foi acollida con interese por Carmen Pardo, que quedou comprometida a estudala e dar unha resposta.

A reunión, celebrada esta tarde nas dependencias da Secretaría Xeral en Santiago de Compostela, celebrouse nun ambiente de máxima cordialidade durante algo máis dunha hora. Ambas responsables políticas tiveron ocasión de repasar diversos temas e de sentar as bases para abrir unha nova etapa nas relacións institucionais. Román, quen dende o seu nomeamento como concelleira de Turismo tamén ten falado cos diferentes axentes turísticos do sector privado en Pontevedra, ten previsto manter outro encontro co presidente da Deputación, Rafael Louzán.

Na súa conversa con Carmen Pardo, Carlota Román insistiu en que o Concello dispón dunha magnífica instalación como é a Casa do Turista, situada na Praza da Verdura, e dotada dun amplo Centro de Acollida e Recepción ao Visitante no seu andar baixo. O inmoble foi restaurado dentro do Plan de Dinamización Turística e estreado en marzo de 2010. O lóxico, engadiu, é que as oficinas turísticas municipais e autonómicas convivan neste espazo, ofrecendo nun mesmo punto toda a información ao visitante. Román argumentou que diante da crise económica é necesario que as dúas administracións optimicen o uso dos recursos públicos e simplifiquen a atención ao cidadán, evitando a actual dispersión de locais. A Xunta, que ata hai algúns meses atendía ao público nas galerías da Oliva, mudouse a outro local alugado na rúa Riestra. De callar a proposta da concelleira socialista, a Administración autonómica disporía dun espazo moito máis atractivo.

Por outra banda, o Concello pretende levar a cabo a instalación de sinais peonís para indicar a situación da Casa do Turista e, se hai acordo, os mesmos sinais indicarían a ubicación dos dous servizos, que, ao estaren xuntos, poderían tamén optimizar horarios ao dispor de máis efectivos persoais. Carlota Román considera que esta medida sería un primeiro paso para camiñar cara a unha desexable coordinación e cooperación en materia turística.

A concelleira tamén falou da intención do Concello de apostar por unha maior presenza de Pontevedra en todas as actividades organizadas ou nas que participe o organismo galego Turgalicia, tanto sexan feiras como actividades. Concedeu especial relevancia ás dirixidas aos profesionais do sector como os fan trips ou workshops. A colaboración entre as webs de Turgalicia e www.visit-pontevedra.com foi outra das cuestións abordadas, así como a difusión de novas e actividades de Pontevedra a través do Noticiario Turístico que publica mensualmente o organismo galego.

Finalmente, a concelleira de Turismo manifestou o interese do seu departamento en acudir ás liñas de subvención que a Secretaría Xeral porá en marcha para promocionar a inclusión das cidades e vilas galegas nos circuítos organizados polos touroperadores, así como outras iniciativas promocionais que supoñan beneficio para o sector turístico na cidade.
Visit Pontevedra