Aumentar el tamaño del texto Volver al tamaño original del texto Reducir el tamaño del texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

« »
 

Carlota Román invita a sumar esforzos na promoción turística da cidade




Sumar esforzos entre todas as asociacións representativas, institucións e mesmo organismos de xestión turística é o obxectivo fundamental de Carlota Román á fronte da Concellería de Turismo do Concello de Pontevedra.

Así llo fixo saber hoxe á directiva de Hosteleiros Asociados de Pontevedra (Hoaspo), coa que mantivo unha xuntanza.

Carlota Román instou á directiva, presidida por Salvador Santiago Rodríguez, a presentar un informe no que se recollan os puntos nos que esta asociación, nacida algo máis dun ano, e o Concello poden colaborar co obxectivo común de promocionar a cidade.

Ambas partes amosáronse de acordo en que o turismo debe ser un dos principais piares económicos de Pontevedra, pero para iso todos os implicados no sector público e privado teñen que arrimar o ombreiro.

Carlota Román aplaudiu o esforzo de Hoaspo por converterse nunha voz representativa da hostalería da cidade. Na mesma asociación, que camiña xa cara o centenar de asociados, conviven restaurantes, bares, cafeterías, pubs e locais de copas. Agora están a falar de nomear un vocal por cada subsector, pero continuando baixo o paraugas dunha única asociación que sexa unha voz representativa diante da sociedade e das administracións.

A concelleira aplaudiu esta postura que, na súa opinión, supera visións máis curtas e baseadas no individualismo. Puxo como exemplo a dispersión que existe na xestión turística, na que as distintas administracións van cada unha por un lado, diversificando esforzos. Neste sentido, anunciou xuntanzas con responsables políticos da Xunta e da Deputación para tratar de corrixir esta tendencia. Ao tempo, explicou a súa intención, xa expresada aos responsables da institución cameral, de intensificar a colaboración coa Cámara de Comercio en todo tipo de cuestións económicas.

Finalmente, Carlota Román anunciou que está a traballar nunha planificación cuatrienal, que quere pactar con todos os sectores asociados e que vai poñer un acento especial na potenciación do turismo congresual aproveitando os recursos existentes no Pazo da Cultura.

A concelleira de Promoción, Turismo, Feiras, Mercado e Matadoiro está a manter xuntanzas con todos os colectivos que abrangue o amplo abano das súas responsabilidades municipais.
Visit Pontevedra