Limpeza da Casa da Luz

Resolución do Conselleiro Delegado do Consello de Administración de TURISMO DE PONTEVEDRA, SA no Procedemento Negociado sen Publicidade para a Adxudicación do Contrato de Servizo de "Limpeza da Casa da Luz"
O 10 de xaneiro de 2011 formulouse polo Concelleiro delegado do Consello de Administración de Turismo de Pontevedra, o prego de condicións que rexe por parte de Turismo de Pontevedra, SA a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade do contrato de servizos de "LIMPEZA DA CASA DA LUZ"
Posteriormente procedeuse á apertura do procedemento de contratación mediante a invitación a tres empresas suficientemente capacitadas para a realización do obxecto do contrato:
CESPA
EUROBRIK, SL
XUNCA XESTIÓN, SL
Transcorrido o prazo sinalado as empresas EUROBRIK, SL e XUNCA XESTIÓN, SL achegaron as súas ofertas, non contestando á invitación a empresa CESPA.
Examinada a documentación administrativa contida nos sobres A das ofertas achegadas admítense as dúas para participar no procedemento, e procedese a apertura dos sobres B. O contido da oferta presentada é o seguinte:
EUROBRIK, SL
Oferta económica: 6900,00€+1242,00 € de IVE (8142,00€ IVE INCLUIDO)
XUNCA XESTIÓN, SL
Oferta económica: 5640,00€+1015,20€ de IVE (6655,20 IVE INCLUIDO)
De conformidade co establecido no artigo 12 do prego de condicións procedese a efectuar a valoración das ofertas presentadas, sendo o resultado obtido polos licitadores o seguinte:
A vista do exposto deberase adxudicar o contrato de servizo de LIMPEZA DA CASA DA LUZ a empresa XUNCA XESTIÓN, SL ao resultar a oferta economicamente mais vantaxosa.
O 8 de marzo de 2010, o conselleiro delegado ditou resolución mediante a cal se requiriu a empresa XUNCA XESTIÓN, SL, que presentou a oferta economicamente mais vantaxosa, para que no prazo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibira o requirimento, achegara a documentación acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e 16 do prego de condicións que rexe a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade do contrato de servizo de "LIMPEZA DA CASA DA LUZ", advertindo a empresa requirida que, de conformidade co artigo 18 do prego que rexe este contrato, de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que retirou a súa oferta.
Dentro do prazo establecida a empresa requirida achegou a documentación solicitada.
De conformidade co establecido nos Estatutos da Sociedade mercantil TURISMO DE PONTEVEDRA, SA son competencia do Consello de Administración as máis amplas facultades para todo o referente á representación da Sociedade, a administración e a xestión da mesma, así como a disposición do seu patrimonio, correspondéndolle todas as facultades non atribuídas pola lexislación vixente ou en virtude destes estatutos á outros órganos de goberno.
En sesión celebrada o 11 de novembro de 2009, o Consello de Administración da sociedade, de conformidade co previsto no artigo 21 dos Estatutos da sociedade, e coa finalidade de dotar a este dunha maior axilidade, operatividade e eficacia no exercicio das súas funcións designou Conselleiro Delegado, a Don Julio Castela Martínez, delegando nel todas as facultades do Consello de Administración, agás as indelegables e de conformidade co artigo 21 dos Estatutos polos que se rexe a Sociedade.
A vista do exposto RESOLVO:
PRIMEIRO.- Adxudicar á empresa XUNCA XESTIÓN, SL co DNI núm. B36568932 o contrato de servizos de "LIMPEZA DA CASA DA LUZ" no prezo de 5640,00€ mais 1015,20€ de IVE o que fai un total de 6655,20 con estrita suxeición aos pregos de condicións que acepta integramente.
SEGUNDOO.- Requirir a adxudicataria definitiva para que proceda no prazo de cinco días hábiles a contar a partir do día seguinte a notificación da presente resolución á formalización do contrato.
Pontevedra, 28 de marzo de 2011.
O Conselleiro delegado de Turismo de Pontevedra, SA
Julio Castela Martínez
11/04/2011

| XUNCA XESTION, SL | EUROBRIK, SL | |
| 1.- OFERTA ECONÓMICA: de 0 a 40 puntos |
40 | 32,69 |
| PUNTUACIÓN TOTAL | 40 | 32,69 |