Aumentar el tamaño del texto Volver al tamaño original del texto Reducir el tamaño del texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Conoce Pontevedra, una ciudad de premio

« »
 

A Concellaría de Turismo renova a sinalización hoteleira da cidade ampliando ata 60 o número de postes informativos

Os condutores que cheguen a Pontevedra dende as seis principais rutas de entrada ao centro urbano terán abundante información sobre como acceder aos principais hoteis. O concelleiro de Turismo, Julio Castela, acompañado do xerente da empresa municipal Turismo de Pontevedra, Ernesto Páramo, reúnese esta tarde coa directiva da Asociación de Hoteleiros para presentar o novo plan de sinalización desplegado pola Concellaría.

Un investimento próximo aos 15.000 euros permitirá dispoñer dun total de 60 postes informativos. Deles un total de 15 son novos e nos xa existentes realízanse cambios de situación ou engádense novos indicadores de hoteis concretos para adaptar toda a rede aos últimos cambios nos sentidos de circulación producidos na cidade. Finalmente, prodúcense a retirada dalgúns indicadores do hotel “México”, que xa non está en funcionamento. Todo o sistema é produto dun profundo estudo do mapa viario da cidade realizado polos servizos técnicos municipais.

Os paneis indican os camiños a seguir polos condutores para chegar aos 11 hoteis da asociación: Parador, Dabarca, Vedra, Madrid, Galicia Palace, Rúas, Rías Bajas, La Peregrina, Avenida, Virgen del Camino e Comercio. Julio Castela destaca que cada un deles disporá dunha media de 30 indicadores repartidos polas rúas de Pontevedra, o que da idea da exhaustividade da nova sinaléctica, que era unha vella reivindicación dos empresarios do sector.

As rutas de acceso quedan marcadas dende os accesos ao centro dende Sanxenxo pola ponte da Barca; dende Vilagarcía e a autopista por Domingo Fontán; dende Marín, a autopista e Ourense pola PO-11, dende Vigo, autopista e Ourense pola avenida de Vigo, dende Ourense pola avenida de Lugo e dende A Coruña pola avenida de Compostela.
Julio Castela indica que a información sobre situación dos postes estará dispoñible na páxina web da empresa de turismo www.visit-pontevedra.com onde tamén pode dispoñerse de recursos tecnolóxicos para descargarse as rutas de acceso aos hoteis a través de mensaxes SMS ao móbil, ou mediante coordenadas GPS nos navigadores máis habituais do mercado como Tom Tom ou Garmin.


Sinaléctica general:
 
- Situación de los postes de señalizacion
- Rutas de acceso a la ciudad

Sinaléctica de cada hotel:
 
- Hotel Avenida
- Hotel Comercio
- Hotel Dabarca
- Hotel Galicia Palace
- Hotel Madrid
- Hotel Parador
- Hotel Peregrina
- Hotel Ruas
- Hotel Vedra
- Hotel Virgen del Camino
Visit Pontevedra